Luns 21 Maio 2012

Número 3 da Quinta Etapa

O concepto de "discuss"

Discuss non significa discutir, senón debatir, reflexionar ou deliberar sobre un tema. É unha práctica habitual na educación no Reino Unido, onde a miudo se lles pide aos estudantes que discuss un tema. Non se trata de copiar ou repetir o que din outros autores, senon de, despois de telos lido, elaborar novas propostas ou facer críticas sobre o que expoñen.

No ámbito laboral, o concepto supón un intercambio de impresión, un diálogo dinámico, constructivo.

Ler máis...

Centrar todo na língua pode ser unha evasión

Compre facer o exercicio mental de pensar en Galicia aparte da cuestión da língua. Como queremos que sexa Galicia, fale o que fale?

Sempre se parte do presuposto de que a língua é abondo para facer país. Pero a língua pode ser unha evasión de facer o país.

Ler máis...

Língua e país

No marco da normalización linguística e da ¨galeguización¨ de Galicia enfocouse a cuestión da língua galega partindo de que se perdera porque en tempos de Franco a prohibiran e que, se non fose por iso, sería o que todos quererían falar. Pero a maioría dos galego falantes sabían moi ben, porque o sofriran en carne propia, que falar galego fora un serio atranco durante moitos anos e séculos, que virara un estigma que os calificaba de aldeáns brutos e ignorantes e que non era o que había que falar para andar pola vida.

Ler máis...